Amence paseniño nas terras do solpor As brétemas esváense coas raiolas do sol
Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén
Acariña o silencio e escoita o corazón Que moitos dos teus soños latexan ao seu son
É tempo de camiño andar e de non esquecer Que o futuro que ha de vir é o que has de facer
E o sol vai silandeiro deitándose no mare Facéndonos pequenos con tanta inmensidade
Compositor: Pedro Valero Bravo (SGAE)Autores Arranjadores: Eduardo Coma Vega (SGAE), Patxi Bermudez (SGAE), Francisco Javier Ferreiro Vazquez (SGAE), Bieito Romero (SGAE), Xan Cerqueiro (SGAE), Julio Varela Perez (SGAE), Sara Louraco Vidal Correia da Silva (SGAE)Editor: Warner Chappell Music Spain S A (SGAE)ECAD verificado obra #2552359 em 13/Abr/2024